A illa da Memoria

O ano 2006, sendo conselleira de Cultura Ánxela Bugallo e director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará,  foi declarado pola Xunta de Galicia coma o ano da Memoria, no que se realizaron unha gran cantidade de actividades por toda Galiza para lembrar a resistencia antifascista e os represaliados e represaliados do franquismo, homenaxes e actividades informativas nas que a Illa de San Simón tomou un protagonismo esencial. Fixéronse homenaxes e roteiros, visitas e conmemoracións para lembrar eses anos, así como diversas accións para recuperar as voces e os testemuños desa época. Entre as iniciativas desenvolvidas, atópase a exposición A ILLA DA MEMORIA, coordinada por Antonio Caeiro, con guión de Clara Ma de Saá e Irene García.

Un magnífico traballo que afonda no contexto dos anos do terror na illa de San Simón con imaxes e documentos da época, así como dos posteriores homenaxes que se realizaron aos presos e ás súas familias.