Non des a esquecemento

Non des a esquecemento, ademais dun verso de Eduardo Pondal, é o nome dun proxecto de Luis Bará, unha das persoas que máis ten traballado, investigado e promovido a memoria histórica en Galiza.

No blog: http://nondesaesquecemento.blogspot.com hai unha boa cantidade de artigos arredor, principalmente da memoria das mulleres represaliadas e resistentes do franquismo. Hai, así mesmo, uha gran cantidade de artigos centrados na Illa de San Simón, coma os que seguen:

A nena do Lazareto

Os vellos de San Simón

A raposa do Lazareto

As mulleres da Illa e do Upo Mendi

A casa solidaria da Portela


Ademais, no 2018 Luís Bará publicou o libro Non des a esquecemento. Relatos do xenocidio franquista en Galiza, da resistencia e da solidariedade, editado polo Instituto de estudos Miñoráns, no que ten o capítulo III enteiro destinado ao Memorial de San Simón.