Cartas de un condenado a muerte

Un dos documentos máis valiosos e estremecedores que temos daquel tempo son, sen dúbida, as cartas orixinais do preso republicano galego José Mejuto Bernárdez, a través das que podemos vivir os últimos días do preso de cangués, do seu tempo de prisión en Vigo, San Simón e Pontevedra, entre 1936 e 1937, ata a súa cruel execución no mes de xullo de 1937. As trinta e catro cartas foron custudiadas en Arxentina pola súa muller e neta e depositadas no 2015 na Real Academia Galega. Temos a inmesa sorte de poder achegarnos a este material a través das seguintes obras, dispoñibles actualmente en bibliotecas e librerías:

Un testemuño único, conmovedor, da guerra civil española, nunha edición de Alvarellos editora ao coidado de Olivia Rodríguez que cuenta coa participación de Eduardo Galeano, Xesús Alonso Montero e da propia neta de José Mejuto, Ana Paula Mejuto.

«Estas cartas, como un tesoro inestimable, recogen el ser de mi abuelo, sus últimas sonrisas, sus últimas palabras que lo rescatan del dominio de la muerte injusta. Hablan por todos los seres humanos que sufrieron el mismo destino. Sobre cada uno de los fusilados reposa un universo».
ANA PAULA MEJUTO

«La sencilla historia de este obrero gallego, culpable de nada, es la historia de España, condenada a cuarenta años de miedo y casi cuarenta años de amnesia».
EDUARDO GALEANO 

O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Algarve vén de publicar o terceiro volume da colección «Textos e Estudos», creada no ano 2017 e dirixida por Pere Ferré.
O monográfico deste ano ten como protagonista a José Mejuto Bernárdez (preso antifranquista, 1936-1937), cuxo legado epistolar nos permite saír do silencio colectivo e dignificar a memoria de todo un país.

«As súas palabras son coma pontes inacabadas, entre a morte e a vida. As súas palabras son coma pontes inacabadas: quen as lea, seguiraas transmitindo» (Ana Paula Mejuto)

José Mejuto Bernárdez

Sobriño de Ángel Bernárdez Rodríguez. Fórmouse na Escola Industrial de Vigo e traballou en talleres de Bouzas e Vigo dende 1928. Mecánico naval con inquietudes culturais e políticas: afiliado á UGT de Vigo, foi representante da Zona 8ª da Federación Sidero-Metalúrxica no Comité Nacional en 1932. Segundo testemuño oral de J. Nores Rodríguez, José Mejuto e Emilio Nores Rodríguez formaron a primeira célula comunista en Cangas[1]. Casou en 1930 con Alejandra Nogueiras Lagoa e estableceu taller propio en Cangas. Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 seguiu residindo en Cangas, ameazado polos falanxistas entre os que se atopan algúns dos seus parentes políticos. Viaxaba de cando en vez a Vigo para intentar vender unha propiedade. Por ese motivo, quedou o 20 de setembro en Teis, onde vivían as súas medias irmás e alí foi detido no curso dunha redada, aínda que o seu nome non estaba na lista que levaban a Garda Civil e os membros das JAP. Os informes enviados pola Garda Civil de Cangas determinan o seu encarceramento. Preso no Frontón de Vigo e na illa de San Simón, foi xulgado en Pontevedra por rebelión militar e sentenciado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937 con Antonio Fernández Fernández, José Gallego Nogueira e José Meis Martínez o 27 de xullo de 1937.Durante o tempo que estivo preso na illa de San Simón escribiu cartas á familia que deixaba na casa: a súa muller Alejandra Nogueira Lagoa, á irmá Carmen, á nai Josefa e aos catro fillos menores de sete anos, Isabel, Josefina, Fernando e Manuel. Conserváronse 35 cartas, cuxas copias foron doadas polos descendentes que residen en Buenos Aires desde principios dos 50 en 2013 á Real Academia Galega. Publicadas en libro, os orixinais foron entregados á institución o 3 de marzo de 2017. (Fonte, Galipeda).